Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Persoal do Plan de Prevención das condutas adictivas informoulles sobre o impacto que as diferentes substancias poden ter na súa actividade profesional

- O obxectivo é reducir o consumo e fomentar os hábitos de vida saudables

ObraXuvenilPrevención1

Valga, 22 de novembro de 2024.

O alumnado do Obradoiro de Emprego xuvenil que están a desenvolver os concellos de Valga, Moraña e Portas asistiu a unha xornada prevención de condutas adictivas e sobre a incidencia do consumo de drogas, tanto legais coma ilegais, no ámbito laboral. A charla foi impartida por persoal do Plan de Prevención das Condutas Adictivas.

A través desta actividade ofreceuse información aos mozos participantes no Obradoiro sobre o impacto que poden ter as diferentes drogas na súa saúde e benestar persoal e na actividade laboral, coa finalidade os hábitos de vida saudables entre os traballadores, así como reducir a incidencia dos problemas sociosanitarios relacionados co uso de drogas no ámbito laboral.

Outros dos obxectivos desta xornada foron reducir a tolerancia social dos traballadores ante o alcohol e outras drogas, conseguir que se respecte a normativa que impide o seu consumo durante a xornada laboral e facilitar información e orientación aos traballadores con consumos problemáticos de cara ao seu tratamento temperán en centros especializados.

Este Obradoiro xuvenil deu comezo a mediados do mes de outubro e nel participan dezaseis mozos desempregados de ata 30 anos de idade, que reciben formación teórica e práctica nas especialidades de forestais e albanelería.

ObraXuvenilPrevención2

Volver