- A súa contratación terá unha duración máxima dun ano
- A selección realizouse sobre unha listaxe de candidatos enviada polo Servizo Público de Emprego
Valga, 18 de novembro de 2024.
O Concello vén de contratar a dúas mozas graduadas en Dereito que realizarán prácticas laborais nas oficinas municipais a través do programa provincial +Emprega, unha iniciativa que trata de favorecer a emrpegabilidade xuvenil na provincia e, con ela, o desenvolvemento económico e social. +Emprega ofrece a mozos desempregados unha primeira experiencia profesional, facilitando a súa inserción laboral unha vez rematados os seus estudos.
As dúas traballadoras seleccionadas son Marta Santamaría Núñez, de Vilagarcía, e Jennifer Fernández Novas, de A Illa de Arousa. O contrato formativo terá unha duración máxima dun ano.
O proceso de contratación levouse a cabo sobre una preselección de candidatos realizada polo Servizo Público de Emprego. Os aspirantes, ademais de estar en posesión da titulación requerida, debían estar inscritos como demandantes de emprego, empadroados nalgún concello da provincia e que non transcorresen máis de tres anos dende a terminación dos correspondentes estudos, entre outros requisitos.
Inicialmente o Concello solicitou a contratación dunha persoa graduada en Dereito e outra en Arquitectura ou titulacións relacionadas, pero non houbo aspirantes para esta segunda praza.