Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- No acto, que tamén contou co presenza da deputada Isabel Couselo, actuou a orquestra da Escola de Municipal de Música

- O presidente da fundación Rosalía de Castro impartiu a conferencia final da convención

ClausuraEnciga1

Valga, 17 de novembro de 2024.
O alcalde, José María Bello Maneiro, participou onte no acto de clausura do Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (Enciga), que dende o xoves de desenvolveu no IES de Valga e no Auditorio Municipal e que reuniu a profesores das áreas matemático-científico-tecnolóxicas, principalmente en niveis educativos non universitarios. Tamén asistiu á clausura a deputada provincial Isabel Couselo.

O acto estivo precedido pola conferencia “Rosalía, a ciencia e a modernidade”, a cargo de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e contou coa actuación a orquestra da Escola Municipal de Música, dirixida por Manuel Villar.

Os preto de douscentos participantes na convención asistiron a trece obradoiros e vinte e seis comunicacións nas aulas do IES de Valga e, ademais, catro conferencias no Auditorio Municipal. A primeira, na xornada inaugural do xoves, titulada “A exploración espacial: ensinándonos o Universo”, a cargo de Begoña Vila Costas, astrofísica e enxeñeira principal de sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA. Os outros dous conferenciantes foron o físico Xabier Cid Vidal (“CERN: 70 anos de historia e ciencia”); a enxeñeira, doutora e Informática e graduada en Matemáticas Susana Ladra (“Revolucionando a aula: como a intelixencia artificial transforma a educación”).

Na xornada do venres, algúns dos participantes no congreso aproveitaron a súa estadía en Valga para coñecer os recursos naturais e patrimoniais e a actividade industrial. Visitaron o Museo da Historia, as fervenzas, a capela dos Martores, o xacemento Igrexa Vella, o miradoiro de Beiro, as lagoas Mina Mercedes e Porto Piñeiro, a praia fluvial de Vilarello e asistiron a unha demostración de destilado tradicional da Caña no Centro de Interpretación da Caña do País. Tamén visitaron as principais industrias do concello e percorreron a ruta Mar de Santiago.

Volver