Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A veciña de Casal de Eirigo celebrara o pasado mes de setembro o seu 101 aniversario

- Os actos fúnebres na súa memoria celebraranse esta tarde na igrexa do Divino Salvador de Setecoros

ManuelaDuroFernandez

Valga, 14 de novembro de 2024.

O Concello lamenta o falecemento, na xornada de onte, da centenaria Manuela Duro Fernández, veciña de Casal de Eirigo, e traslada aos seus familiares e achegados as condolencias en nome de toda a Corporación e da veciñanza de Valga.

Manuela Duro era a segunda veciña máis lonxeva de Valga, despois de celebrar no pasado mes de setembro o seu 101 aniversario, unha data na que recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e das concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro para agasallala e transmitirlle os parabéns.

A capela ardente da centenaria está instalada na sala número 2 do tanatorio San José de Caldas de Reis. Esta tarde, ás 17.00 horas, terá lugar a condución do cadáver ata a igrexa parroquial do Divino Salvador de Setecoros, onde se celebrarán os actos fúnebres na súa memoria.

Nada en Cuntis pero casada en Casal de Eirigo, Manuela Duro foi, durante este século de vida, exemplo de muller traballadora e de persoa con carácter vitalista. Exerceu como modista, ao tempo que atendía o fogar e traballaba as terras. Ademais, foi afeccionada ás artes plásticas e ás manualidades e, en xaneiro deste 2024, o Auditorio Municipal acolleu unha exposición con algunhas das súas creacións.

Volver