Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e o concelleiro de Deportes apostan por promover o deporte entre os máis novos como unha forma de transmisión de valores

- Nos vindeiros días entregarase tamén material ao Furia Athletic Club

CordeiroFB1

Valga, 11 de maio de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, fixeron onte entrega a dous directivos do Cordeiro Fútbol Base dun lote de material deportivo composto por:

- 60 balóns de fútbol

- 1 balón de rugby

- 6 vallas de 10 centímetros

- 12 aros de 40 centímetros

- 3 escaleiras

- 2 basu

- 4 miniporterías de 1’5 x 60 cm.

- 1 marco con rede elástica para touchball

- 12 conos

- 1 xogo de conos flexibles

- 2 pizarras grandes para os vestiarios

- 2 balóns de fitball

- 1 balón de espuma

- 1 caixón para o adestramento de porteiros

A listaxe de material foi elaborada polo propio clube en función ás necesidades dos xogadores e adestradores das categorías base. Os distintos equipos do Cordeiro F.B., dende categoría biberón ata xuvenil, suman arredor de 130 rapaces.

Ademais deste material, ao comezo da tempada o Concello entregou tamén chándales a todos os xogadores. Apoiando e patrocinando aos equipos de Valga, a Concellería de Deportes trata contribuír á práctica de actividade deportiva entre a poboación máis nova do municipio como unha forma de enriquecemento persoal e de transmisión de valores.

Nos vindeiros días entregarase outro lote de material deportivo ao Furia Athletic Club.

CordeiroFB2

Volver