Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Renovaranse o abastecemento e o alumeado, soterraránse as liñas aéreas de servizos e reconstruiranse as beirarrúas

- Os traballos obrigan a realizar cortes intermitentes nun dos carrís da N-550, instalándose regulación semafórica

N550Obras1

Valga, 6 de novembro de 2024.

O Concello, a través da empresa adxudicataria Covsa, deu comezo ás obras de renovación de servizos na marxe dereita da Avenida da Coruña (estrada N-550), un proxecto que conta cun orzamento de 464.248’50 euros, que serán cofinanciados entre Augas de Galicia, a Deputación e o propio Concello.

Os traballos arrancaron no punto quilométrico 87’100, á altura da ponte sobre o río Valga, e irán avanzando progresivamente ata o quilómetro 86’500, ao pasar o edificio Bella Valga. En todo este tramo renovarase completamente a rede de recollida de augas pluviais e tamén a de abastecemento. Mellorarase a rede de iluminación pública coa instalación de novas lámpadas LED e, ademais, soterrarase o cableado das redes eléctrica e telefónica, actualmente formadas por liñas aéreas sobre postes que ocupan as beirarrúas e dificultan o paso nalgunhas zonas.

As beirarrúas serán reconstruídas con lousa hidráulica de formigón de características similares ás existentes e tamén se mellorará á accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

As obras obrigan a determinadas limitacións na circulación de tráfico na estrada N-550, con cortes intermitentes no carril dereito, regulados mediante sinalización semafórica. Por iso se pide precaución aos condutores que circulen pola zona e aos demais usuarios da vía.

N550Obras2        N550Obras3

Volver