Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Xunta de Galicia trasladou ao alcalde que só son precisos medios profesionais

- Tres voluntarios valgueses amosáronse dispostos a desprazarse á Comunidade Valenciana para axudar

EscudoConcelloo

Valga, 2 de novembro de 2024.

Concello de Valga está en contacto permanente coas autoridades da Xunta de Galicia, ofreciendo os medios dos que dispón para colaborar cos damnificados pola "Dana".

Tres voluntarios valgueses ofrecéronse para desprazarse á Comunidade Valenciá e colaborar más tarefas de rescate e axuda ás vítimas, se ven o 112 Valencia fixo un chamamento para que se envíen só medios profesionais e materiais coma bombas achique, equipos de excarcelación, carretillas elevadoras, camións de baldeo e limpeza, xeradores eléctricos... preferiblemente que sexan autónomos.

"Trasladáronnos que nestes momentos non son necesarios voluntarios, senón só profesionais. E fan un chamamento á poboación española para que canalicen súa vontade de axudar a través de entidades e medios que realmente sexan efectivos", sinala o alcalde, José María Bello Maneiro.

Por exemplo, tal e como trasladaron as autoridades valenciás, as campañas de recollida de alimentos e similares non son precisas nestes momentos, xa que poden xerar "un caos loxístico". O rexedor comenta que varios vecinos do municipio ofreceron doazóns de alimentos e produtos básicos, pero que desde Valencia comunican que nestes momentos non son necesarias. "En canto teñamos novas informacións por parte das autoridades, comunicarémolo aos nos veciños", sinala o alcalde.

Volver