O Concello de Valga editará un libro centrado principalmente no período da época romana. Este libro, subvencionado pola Consellería de Cultura, Língua e Xuventude que ronda os 12000 euros, entra dentro das subvencións a centros museísticos.
Valga, 29 de xullo de 2024.
A publicación ampliará a información existente no Museo da historia de Valga, e reunirá a información principal obtida en excavacións arqueolóxicas como Igrexa Vella ou Mercado dos Mouros, facendo que a historia de Valga sexa máis cercana a todos os veciños e veciñas e as persoas que nos visitan.
O autor, Diego Piay Augusto xa ten no seu curriculum a publicación de obras similares. Ademáis é experto na figura de Prisciliano e a súa época, temática coa que valga, e máis concretamente Os Martores, teñen un nexo de unión que tamén será tratado nesta novedosa edición.