Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os alumnos de forestais xa realizaron con anterioridade tarefas de limpeza, roza e poda
- Este proxecto dos concellos de Valga e Moraña remata en novembro despois dun ano de formación

CarpinteríaBeiro1

Valga, 25 de outubro de 2024.
O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VII, que no mes de novembro porá fin a un ano de formación teórica e práctica nas especialidades de carpintería e forestais, ultima a execución das obras incluídas no proxecto.

Unha delas desenvólvese no miradoiro do Muíño de Vento de Beiro, un dos principais espazos de esparexemento cos que conta Valga, onde os aprendices de carpintería iniciaron os traballos de reforma e acondicionamento dalgunhas das estruturas e construcións que existen nesta área natural co obxectivo de recuperar a súa funcionalidade. A actuación consiste no recubrimento, tanto interior coma exterior, con madeira, tal e como puideron comprobar os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo nunha visita ao lugar.

Neste mesmo espazo realizaron tamén traballos prácticos os alumnos do módulo de forestais, consistentes no acondicionamento e limpeza da zona, incluíndo poda de piñeiros e outros exemplares e retirada de vexetación das zonas empedradas.

A sétima edición do Obradoiro Ulla-Umia VII é un proxecto conxunto dos concellos de Valga e Moraña, que contou cunha aportación económica da Xunta de 530.000 euros.

CarpinteríaBeiro2 CarpinteríaBeiro3

Volver