Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O prazo estará aberto ata o día 31 de outubro no rexistro do Concello ou no Auditorio
- As actividades, que darán comezo en novembro, impartiranse en dous grupos: no CODI e no Auditorio

OMemoria3

Valga, 22 de outubro de 2024.
As actividades do Campus Sénior abren o prazo de inscrición co obxectivo de promover un envellecemento activo a través de propostas lúdicas e creativas e de socialización. Como en anos anteriores, impartiranse obradoiros de expresión artística e de estimulación cognitiva, dirixidos a persoas a partir de 55 anos de idade e que estean empadroadas en Valga. Os talleres retomanse a comezos do mes de novembro con dous grupos: no CODI e no Auditorio Municipal.

As sesións de expresión artística, impartidas por Ángeles Garrido, desenvolveranse os venres pola mañá e nel trabállanse disciplinas coma a pintura e as manualidades. Promóvese a expresión dos participantes a través da arte, traballando ao mesmo tempo aspectos coma a psicomotricidade. No taller de memoria, que se impartirá os martes, realízanse exercicios escritos, verbais ou visuais, dinámicas de grupo e outras técnicas para favorecer o recordo.

As persoas interesadas en participar deben cubrir a folla e inscrición que poden descargar online (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou recollerse en papel nas oficinas municipais. A folla ten que entregarse no rexistro do Concello ou no Auditorio Municipal.

CartelCampusSénior24

Volver