Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As obras, executadas nas últimas semanas pola empresa Construcciones e Instalaciones Orfa, supuxeron o cambio de 138 puntos de luz

- Reducir o consumo enerxético na rede de iluminación pública e avanzar cara a unha xestión eficaz dos recursos son os obxectivos desta actuación

ObrasAlumeado1

Valga, 23 de outubro de 2024.
A renovación de máis dun cento de puntos de luz en diferentes zonas de Valga é xa unha realidade. As obras, proxectadas polo goberno local co obxectivo de avanzar na mellora da eficiencia enerxética na rede de iluminación pública, foron executadas nas últimas semanas grazas a un investimento de 41,015’84 euros, aportados en parte pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Renováronse un total de 138 puntos de luz en diferentes puntos do municipio: a estrada provincial EP-8502, en Baño, nos lugares das Cernadas e Regengo (Setecoros) e en Vilarello (Cordeiro). En total, mellorouse o alumeado público nunha lonxitude de máis de 3’5 quilómetros, instalando lámpadas LED que permitan reducir o consumo enerxético ao tempo que se avanza cara a unha xestión eficaz e eficiente que permita rendibilizar os recursos municipais.

Foron un total de dez empresas as que se presentaron ao concurso público convocado polo Concello para contratar os traballos. A adxudicataria foi Construcciones e Instalaciones Orfa, de Cerceda.

ObrasAlumeado2

Volver