Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa de fabricación de vehículos especiais ten a súa planta de produción en Valga dende fai unha década

- A distinción, a título póstumo, foi recollida polo fillo e sucesor do empresario, Justo Sierra

MedallaUro1

Valga, 18 de outubro de 2024.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Industria, Carmen Gómez, representaron ao Concello de Valga no acto de entrega da medalla de ouro da Cámara de Comercio de España, a título póstumo, ao empresario José Sierra Ferrnández, fundador de Urovesa, falecido en xullo de 2023.

O acto celebrouse este mediodía na sede de Afundación, en Santiago de Composela. Entre as personalidades que asistiron atopábanse a conselleira de Economía e Industria da Xunta, María Jesús Lorenzana, o presidente da Cámara de Comercio de España, José Luis Bonet, e a súa homóloga da Cámara de Comercio de Santiago, María Pais, ademais da rexedora compostelana.

Justo Sierra, fillo e sucesor de José Sierra á fronte de Urovesa, foi o encargado de recoller a condecoración. Tamén participaron no acto as outras dúas fillas do homenaxeado, Cecilia e Cristina, e a viúva.

José Sierra (Viveiro, 1941) creou no ano 1981 Uro Vehículos Especiais (Urovesa), dedicada ao deseño e á fabricación de vehículos todoterreo, tanto para usos civís coma militares e líder do sector tanto a nivel nacional coma internacional. Dende o ano 2014, a empresa trasladou a Valga a súa planta de produción.

MedallaUro2 MedallaUro3

Volver