Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello recibiu unha subvención de case 35.000 euros da Xunta de Galicia

- Os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo supervisaron as actuacións realizadas nos dous lugares

ObrasLavadoiroCarballiño1

Valga, 18 de outubro de 2024.
As obras executadas recentemente conferiron ao o centro social “O Galego” e ao lavadoiro do Carballiño unha renovada imaxe. Estes traballos foron cofinanciados entre o Concello e a Xunta de Galicia, que concedeu unha subvención de case 35.000 euros a través dun programa de corrección de impactos paisaxísticos do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

O arranxo e recuperación do lavadoiro do Carballiño proxectouse co obxectivo de frear o deterioro deste ben, conservar o seu valor patrimonial e restaurar paisaxisticamente a zona. O seu estado de conservación era deficiente, o que imposibilitaba o seu uso por parte dos veciños, e para reverter esta situación acometeuse a limpeza da pía de granito, a demolición dos vellos piares de formigón e a súa substitución por outros de pedra. Tamén se retiraron as vigas de formigón da cuberta, instalando un entramado de madeira, e, por último, renovouse a tella.

En canto ao centro sociocultural “O Galego”, acondicionáronse a cuberta e as fachadas para mellorar a estética do edificio e recuperar o seu uso para a realización de actividades de diversa índole. En concreto, limpouse a cuberta, eliminando a vexetación que a estaba deteriorando e que provocaba humidades no interior do inmoble. Repuxéronse as tellas e instaláronse canlóns e baixantes novas. Nas fachadas elimináronse manchas de humidade e fungos e reparáronse as xuntas.

A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e o concelleiro Pedro Calvo realizaron unha visita a ambos lugares para comprobar o resultado das obras.

ObrasLavadoiroCarballiño2 ObrasGalego1

Volver