- Álvaro Fernández acompañou aos gardas destinados en Valga na misa oficiada en San Miguel e nas celebracións no cuartel
- Tamén participaron representantes da Policía Local e da agrupación de Protección Civil
Valga, 12 de outubro de 2024.
O concelleiro de Seguridade, Álvaro Fernández, acompañou está mañá á Garda Civil de Valga nos actos conmemorativos do día da súa patroa, a Virxe do Pilar.
Celebrouse unha misa na igrexa parroquial de San Miguel e, despois, as celebracións continuaron no cuartel.
Tamén asistiron representantes da Policía Local e da agrupación de Protección Civil de Valga.