Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde lamenta que o COAG presente un recurso en Valga por un proceso idéntico ao doutros moitos concellos    • O alcalde lamenta que o COAG presente un recurso en Valga por un proceso idéntico ao doutros moitos concellos

- “Non nos parece serio nin razoable que se actúe de diferente maniera segundo de que concello se trate, a non ser que haxa intereses dalgún tipo”

Valga, 12 de outubro de 2024. 

O Concello de Valga lamenta o proceder do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que presentou recurso fronte á aprobación das bases do proceso selectivo para cubrir unha praza de arquitecto en réxime de persoal laboral temporal. O Concello estimou parcialmente o recurso, só nun dos puntos alegados, e elaborará unhas novas bases para reiniciar o proceso de selección. 

Con todo, o alcalde, José María Bello Maneiro, amosa a súa contrariedade pola maneira de proceder do Colexio de Arquitectos. “Non nos parece serio nin razoable porque a lei debe ser igual para todos, algo que neste caso non se vai cumprir porque o COAG noutras situacións exactamente iguais non presentou recurso. Por exemplo, o Concello de Santiago realizou procesos selectivos con bases que incluían os mesmos preceptos que as de Valga e o Colexio non impugnou”.  

O rexedor defende que o Concello cumpre coa igualdade de oportunidades. “Este concurso é público e a el pode presentarse quen queira sen ningún tipo de distinción. Preguntámonos que ten o Colexio de Arquitectos en contra do Concello Valga e se este recurso agocha intereses políticos ou doutro tipo. Dende logo non parece lóxico que admitan as mesmas bases e condicións noutros concellos e só recorran en Valga”. 

Volver