Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Poden participar alumnos de Educación Primaria dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo

- As obras, asinadas con pseudónimo, deben entregarse na biblioteca municipal de Cordeiro antes do 20 de outubro

ConcursoContos

Valga, 2 de outubro de 2024.

As bibliotecas municipais organizan, con motivo do Samaín, o certame “Escríbeme un conto de medo”, aberto á participación de alumnado de Educación Primaria matriculado no CEIP Baño-Xanza ou no CEP Xesús Ferro Couselo.

Cada estudante só pode presentar unha obra, que debe ser un conto de medo escrito en galego, orixinal e inédito. As bases establecen que a extensión máxima do relato será de 3 folios (obrigatoriamente de tamaño A-4) escritos por unha soa cara e debe asinarse con pseudónimo, indicando tamén o curso.

Presentarase nun sobre pechado e, noutro sobre grampado ao traballo, figurarán o nome e apelidos, curso e grupo do autor, así coma un número de teléfono de contacto.

Os contos entregaranse na Biblioteca de Cordeiro, situada na planta baixa do Auditorio, antes do 20 de outubro.

Establécense dúas categorías, unha para 1º, 2º e 3º cursos de Primaria e outra para 4º, 5º e 6º, e haberá un premio en cada unha.

Volver