Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A foodtruck de degustación estivo durante a mañá en Pontevalga e pola tarde, de 17:00 a 20:00 horas, trasládase ao Auditorio

- O conselleiro Mar achegouse a Valga para probar algunhas das elaboracións: croquetas de choco, mexillóns con paté ou guiso de calamar

SabeAMar1

Valga, 3 de outubro de 2024.

A campaña Galicia sabe Amar, da Xunta de Galicia, fai hoxe unha parada en Valga para promover o consumo de peixes e mariscos das rías galegas, así coma outros produtos da terra, todos eles con Denominación de Orixe que avalan a súa calidade. Unha das catro foodtrucks que están a percorrer Galicia estivo durante toda a mañá en Pontevalga, xunto ao Concello, repartindo petiscos gratuítos entre todas as persoas que se achegaron.

Foron dúas as tapas, elaboradas con produtos certificados, que se ofreceron na sesión matutina: mexillóns pon paté de fabas de Lourenzá e croquetas de choco con ali-oli. Pola tarde, o vehículo trasladarase a Cordeiro, xunto ao Auditoiro Municipal, para continuar repartindo petiscos entre as 17:00 e as 20:00 horas. Neste caso as receitas serán diferentes: croquetas de queixo con sardiña e pemento de Arnoia e guiso de calamar con queixo do Cebreiro.

Con motivo desta campaña, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, achegouse a Valga para enxalzar a variedade e calidade dos produtos do mar de Galicia e, en xeral, a nosa gastronomía. Acompañárono o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez. O responsable autonómico puxo, especialmente, en valor a versatilidade dos produtos acuícolas e o traballo das xentes do mar que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a súa posta a disposición dos consumidores.

SabeAMar2     SabeAMar3

Volver