Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

-  A actividade está dirixida a rapaces de 8 a 12 anos de idade e celebrarase o día 29 de outubro

- As inscricións poden realizarse a través da Rede CeMIT ou no Auditorio Municipal

Valga, 4 de outubro de 2024.
A Aula CeMIT súmase aos festexos do Samaín cun obradoiro de introdución ao modelado en tres dimensións que se celebrará o día 29 de outubro, de 16:00 a 18:00 horas, e para o que xa está aberto o prazo de inscrición. Está dirixido a mozos de 8 a 12 anos de idade que poderán dar renda solta á súa imaxinación ao tempo que se achegan ás tecnoloxías de última xeración coma o modelado e a impresión 3D.

O obxectivo é que adquiran un primeiro contacto co mundo da fabricación dixital e a impresión 3D, fomentando ao mesmo tempo a creatividade, a capacidade de solución de problemas e o traballo en equipo. Os participantes poderán dar forma aos seus propios monstros dende a idea ou bosquexo inicial ata a impresión final a través dun software para a creación de deseños tridimensionais.

As inscricións poden realizarse na Aula CeMIT ou no Auditorio Municipal (teléfono 986 55 67 69).

FactoriaMonstros

Volver