- Os planos das distintas parroquias poden consultarse no Concello. O de Setecoros tamén se atopa no local social e o de Cordeiro, no Auditorio
- Os propietarios das fincas que se atopen sin limpar serán notificados e contarán cun prazo para retirar a biomasa
Valga, 4 de outubro de 2024.
Técnicos da Xunta -Seaga- iniciarán o vindeiro luns, 7 de outubro, a inspección das parcelas situadas nas faixas secundarias, que abarcan 50 metros arredor dos núcleos rurais, para comprobar o seu estado e se cumpren a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, tal e como se anunciara nas reunións celebradas fai unhas semanas nas diferentes parroquias.
O persoal técnico da empresa pública Seaga percorrerá as parcelas para definir cales se atopan dentro das faixas secundarias e cales pertencen aos núcleos rurais e, por tanto, son competencia do Concello. Nos dous casos, os propietarios das fincas que non se cumpran os requisitos establecidos na lei en canto á limpeza serán notificados recordándolles o seu deber de xestionar a biomasa vexetal e retirar as especies arbóreas non permitidas. Nesa notificación daraselles un prazo para executar a limpeza –que xa tiñan que ter realizado antes do 31 de maio– , coa advertencia de que calquera incumprimento será sancionado conforme á lexislación vixente
Os planos correspondentes ás distintas parroquias poden consultarse nas oficinas do Concello. No caso de Setecoros tamén están expostos dentro do local social e os de Cordeiro, no Auditorio.