- As actividades inclúen concursos de relatos, un espectáculo de monicreques, un obradoiro de impresión 3D e un concurso de cabazas
- O día 31 de outubro celebrarase no Auditorio Municipal unha festa con disfraces e chocolatada
Valga, 8 de outubro de 2024.
CONCURSO DE RELATOS "ESCRÍBEME UN CONTO DE MEDO"
Aberto á participación de alumnado de Educación Primaria matriculado no CEIP Baño-Xanza ou no CEP Xesús Ferro Couselo.
Cada persoa só pode presentar unha obra, que debe ser un conto de medo escrito en galego, orixinal e inédito. As bases establecen que a extensión máxima do relato será de 3 folios (obrigatoriamente de tamaño A-4) escritos por unha soa cara e debe asinarse con pseudónimo. Presentarase nun sobre pechado e, noutro sobre grampado ao traballo, figurarán o nome e apelidos, curso e grupo do autor, así coma un número de teléfono de contacto.
Os contos entregaranse na Biblioteca de Cordeiro, situada na planta baixa do Auditorio, antes do 25 de outubro.
Establécense dúas categorías, unha para 1º, 2º e 3º cursos de Primaria e outra para 4º, 5º e 6º, e haberá un premio en cada unha.
SESIÓN DE MONICREQUES "ONDE VIVEN OS MONSTROS"
O 25 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio Municipal con entrada de balde, dirixido a nenos de 3 a 11 anos. Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxionario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos.
Este espectáculo é financiado polo programa Ler Conta Moito e o Concello de Valga.
OBRADOIRO DE IMPRESIÓN 3D "FACTORÍA DE MONSTROS"
O día 29 de outubro, de 16:00 a 18:00 horas, na Aula CeMIT, dirixido a mozos de 8 a 12 anos.
Neste taller os participantes poderán ter un primeiro contacto co mundo da fabricación dixital e a impresión 3D, fomentando ao mesmo tempo a creatividade, a capacidade de solución de problemas e o traballo en equipo. Poderán dar forma aos seus propios monstros dende a idea ou bosquexo inicial ata a impresión final a través dun software para a creación de deseños tridimensionais.
As inscricións poden realizarse na Aula CeMIT ou no Auditorio Municipal (teléfono 986 55 67 69).
CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS
Dende 28 ata o 31 de outubro poden depositarse no Auditorio Municipal as cabazas. A temática da decoración é libre e valoraranse a orixinalidade, os materiais empregados e calquera outro detalle que resalte no deseño.
Ademais das cabazas, os participantes deben presentar un sobre que, polo exterior, teña escrito o título ou nome do deseño. No interior deben introducirse os datos persoais do autor (nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto).
A resolución do concurso terá lugar o día 31, con agasallos para os autores das tres mellores cabazas
FESTA DE DISFRACES CON CHOCOLATADA
O día 31 de outubro, a partir das 17:00 horas, celebraremos no Auditorio unha festa de Samaín, na que poden participar nenos e adultos cos seus disfraces. Haberá chocolatada gratis para todos e, ademais, entregaranse os premios dos concurso de cabazas e de relatos.