Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

-  O concerto, que cumpre a súa décimo sexta edición, é organizado pola Polifónica Santa Comba de Cordeiro

-  A entrada é gratuíta para todo o público que queira asistir

Corais23 1

Valga, 27 de setembro de 2024.

Catro agrupacións reuniranse o vindeiro 5 de outubro no Auditorio Municipal na décimo sexta edición do Festival de Outono de Corais, organizado “con ilusión e paixón” pola Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro, sinala a presidenta Valentina Ferro, poñendo en valor o esforzo que os membros da agrupación realizan “para mellorar día a día e para ofrecerlles o mellor” aos afeccionados á música vocal.

Ademais dos anfitrións, actuarán neste festival a Polifónica de Cambre, Cantigas do Castro (Pontevedra) e a Coral Polifónica de Arbo. As catro realizarán unha actuación individual e, como colofón interpretarán, de forma conxunta, varios temas. O concerto dará comezo ás 19:00 horas con entrada gratuíta para o público.

A Coral Polifónica valguesa, que está integrada na Federación Galega de Corais, fundouse en 1994 coincidindo coa festividade da súa patroa, Santa Comba, e tendo dende os inicios como director a Manuel López Castro. Na actualidade está integrada por 37 membros (15 sopranos, 9 contraltos, 9 tenores e 4 baixos). Ao longo da súa traxectoria ten protagonizado incontables actuacións de música popular e sacra en toda a xeografía galega, en Asturias e Portual. Entre as funcións máis sobranceiras, as que tiveron lugar no Pazo de Fonseca, na Catedral de Santiago ou no Santuario de Fátima.

FestivalCorais24

Volver