Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os equipos de medida deben ter acceso dende a vía pública e a súa conservación e mantemento é responsabilidade dos propieterios.

- Os usuarios que continúen incumprindo a normativa corren o risco de acumular cantidades impagadas e o precintado do equipo.

auga

Valga, 24 de setembro 2024.

O Concello vén observando dende hai varios trimestres diversas anomalías na situación dos contadores da auga dalgunhas propiedades veciñais, o que dificulta ou impide realizar correctamente as lecturas periódicas do consumo.

Atopar o contador ilexible, roto, soterrado na terra ou en arquetas, rodeado ou cheo de maleza, dentro da propiedade privada, incaccesible ou con condensación son algunhas destas anomalías, que xa lles foron notificadas aos propietarios afectados. Á vista de que moitos non correxiron a situación, o Concello fai de novo un chamamanto aos veciños para que revisen a situación dos seus equipos de medida e comproben que se adecúan ao establecido no regulamento municipal do Servizo de Abastacemento de Auga.

Esta normativa, en vigor dende que foi publicado no Boletión Oficial da Provincia en maio de 2017, establece nos seus artigos 28, 29, 30, 31 e 54 o seguinte:

  • A medición dos consumos que servirán de base para a facturación da subministración realizarase por contador. Este estará situado nun lugar accesible dentro dunha caixa de medidas mínimas de 20x20 centímetros coa tapa transparente sen pechar.
  • O contador debe atoparse preto da chave de paso, nunha altura do chan entre 0’40 e 1’50 metros, na parte de fóra do inmoble e con acceso dende a vía pública.
  • O contador será propiedade de cada usuario, sendo a obriga deste conservalo e mantelo en perfecto estado de funcionamento.
  • Nos casos nos que resulte imposible realizar a lectura por dous trimestres consecutivos ou máis, o Concello poderá suspender temporalmente a subministración de auga ata que o usuario modifique a instalación do equipo de medida.

Durante o mes de outubro realizarse a próxima lectura do Servizo Municipal de Augas e infórmase que, naqueles casos nos que os contadores continúen presentando anomalías ou incumpran o regulamento, o Concello adoptará as medidas que prevé a normativa e non se realizará a lectura. Será responsabilidade de cada propietario a posible acumulación de cantidades impagadas que, posterioremente, poidan pasarse ao cobro, así como a súa taxa no canon de saneamento da Xunta de Galicia, podendo chegar incluso ao precintado do equipo.

Regulamento do Servizo de Abastecemento de Auga: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/05/30/2017020739

Algúns exemplos: 

Volver