- A veciña de Casal de Eirigo foi felicitada polo alcalde e as concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro
- Entregáronlle varios agasallos, entre eles un ramo de flores e doces
Valga, 21 de setembro de 2024.
Despois de festexar onte o 102 aniversario da valguesa máis lonxeva, María Tarrío, hoxe outra das nosas centenarias cumpre anos tamén. Trátase de Manuela Duro Fernández, veciña de Casal de Eirigo, que, cumprindo coa tradición, recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, que lle transmitiu os parabéns de toda a Corporación e da veciñanza de Valga.
O rexedor estuvo acompañado polas concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro, delegada da área de Benestar Social. Os representantes municipais entregáronlle á centenaria un ramo de flores, unha torta e outros doces para festexar esta xornada.
Bello Maneiro quixo poñer en valor as figuras dos nosos veciños centenarios, aos que considera exemplos para o resto dos valgueses. No caso de Manuela Duro, natural de Cuntis pero casada en Casal de Eirigo, foi durante este século de vida unha persoa vitalista e activa. Exerceu como modista, ao tempo que atendía o fogar e traballaba as terras. Ademais, sempre tivo como afección as artes plásticas e as manualidades. De feito, en xaneiro deste mesmo ano protagonizou unha exposición no Auditorio Municipal.
.