- O rexedor acudiu a felicitala acompañada polos concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo
- Regaláronlle unha torta e un ramo de flores e brindaron con toda a familia
Valga, 20 de setembro de 2024.
A veciña de Eiras (Cordeiro),María Tarrío Campaña, e a súa familia están hoxe de festa. A "avoa" de Valga cumpre 102 anos de idade e, como é habitual cando un centenario do noso concello está de aniversario, unha delegación municipal acudiu a felicítala.
Estivo encabezada polo alcalde, José María Bello Maneiro, e tamén acudiron os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo. Agasallaron á homenaxeada cun ramo de rosas e unha torta na que apagou as candeas co número 102.
Xunto a María estaba boa parte da súa familia, que é numerosa, xa que tivo sete fillos (un deles xa falecido), aos que hai que sumar unha decena de netos e outros tantos bisnetos. Todos os presentes brindaron con champán á honra da centenaria.
.