Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello continúa avanzando na mellora da eficiencia enerxética na rede de iluminación pública

- As obras xa foron licitadas e as empresas poden presentar ofertas ata o día 25 de setembro

IluminaciónPública

Valga, 17 de setembro de 2024.
O Concello vén de poñer en marcha o proceso de contratación dos traballos para a renovación de máis dun cento de puntos de luz en diferentes zonas de Valga, co obxectivo de progresar na mellora da eficiencia enerxética na rede de iluminación pública, ao tempo que se avanza cara a unha xestión eficaz e eficiente que permita rendibilizar os recursos municipais.

As zonas nas que está previsto actuar son a estrada provincial EP-8502, en Baño, nos lugares das Cernadas e Regengo (Setecoros) e en Vilarello (Cordeiro). En total, mellorarase a iluminación pública nunha lonxitude de máis de 3’5 quilómetros e substituiranse 138 puntos de luz, instalando lámpadas LED que permitan reducir o consumo enerxético.

O investimento que se realizará ascende a 41.015,84 euros, parte deles aportados pola Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental.

As empresas que queiran concorrer ao concurso público e optar á adxudicación, teñen de prazo ata o 25 de setembro para presentar as súas ofertas.

Volver