Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O investimento ascende a 59.345 euros e permitirá mellorar a mobilidade na zona

- Parte dos fondos proceden do Plan Marco da Xunta, que trata de mellorar as infraestruturas en zonas rurais

ObraCamiñoCarracido1

Valga, 16 de setembro de 2024.

O Concello está a executar obras de mellora dun camiño no lugar de Carracido (Cordeiro) a través da empresa Construcciones E.C. Casas, que resultou adxudicataria do proxecto, e cunha subvención da Consellería do Medio Rural a través do Plan Marco. Investiranse na actuación un total de 59.345’55 euros.

Os traballos desenvólvense nunha vía que ten arredor de 300 metros de lonxitude, que arranca na estrada provincial EP-8505 (Ferreirós-Vilar) e desemboca noutra estrada de titularidade municipal. Inclúen tanto a instalación de canalizacións para a recollida de augas pluviais coma o acondicionamento do firme a base de aglomerado en quente con cinco centímetros de espesor. Ademais, nalgúns puntos aumentarase o ancho para chegar aos seis metros en todo o percorrido.

Con esta actuación trátase de mellorar a mobilidade dos residentes na zona dotándoos dunha vía pola que poidan circular en condicións de seguridade. Darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante actuacións de mellora e mantemento das infraestruturas viarias é, precisamente, o obxectivo que persegue o Plan Marco.

ObraCamiñoCarracido2        ObraCamiñoCarracido3

Volver