- As clases de inglés impartiranse no Auditorio Municipal a partir do día 1 de outubro
- A reserva de praza pode facerse a través de correo electrónico ou no teléfono 986 851 225
Valga, 17 de setembro de 2024.
A Escola Municipal de Idiomas retomará a súa actividade a comezos do vindeiro mes con cursos de inglés que serán impartidos no Auditorio por docentes do Centro de Idiomas Waterford e nos que poden participar persoas de todos os rangos de idade interesadas en mellorar o seu nivel nesta lingua estranxeira, tanto por motivos académicos coma laborais ou outros.
O prazo de matrícula está aberto para nenos, mozos e adultos, contactando co centro a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 986 851 225 e 698 133 512.
O curso dará comezo o día 1 de outubro e rematará a finais de xuño de 2025, con pequenos períodos vacacionais en Nadal e Semana Santa, coincidindo co calendario escolar.
As tarifas para este curso son as seguintes:
- Grupos de 2 horas semanais: 47€ ao mes para persoas empadroadas en Valga e 52 euros mensuais para non empadroados no concello. .
- Grupos dunha hora á semana: 29 euros ao mes para persoas empadroadas en Valga e 32 para os non empadroados.
O Centro de Idiomas Waterford é centro preparador oficial de Cambridge. O obxectivo seus cursos é dotar aos estudantes das capacidades que lles permitan superar aos exames KET (A2), PET (B1) e FIRST (B2) de Cambridge University. Estas probas avalían o nivel das habilidades tanto orais como escritas do alumno e están recoñecidos a nivel universitario e empresarial.