Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A lexislación obriga a unha correcta xestión da biomasa nas parcelas situadas nunha marxe de 50 metros arredor do núcleo

- Para informar sobre o procedemento que se levará a cabo, celebraranse tres reunións o día 19 en Setecoros, na Casa da Cultura de Valga e no Auditorio

ReuniónSeaga1

Valga, 13 de setembro de 2024.

Representantes do Concello e da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga) mantiveron unha xuntanza para abordar a problemática da limpeza e xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias, que abarcan 50 metros arredor dos núcleos rurais.

Nesta xuntanza participaron o alcalde, José María Bello Maneiro, ao que acompañaron en representación do Concello as concelleiras Carmen Gómez e Malena Isorna. Por parte de Seaga estiveron presentes a directora-xerente, Luisa Piñeiro, e o técnico provincial da empresa pública, Juan Vidán. O obxectivo é dar cumprimento á lexislación vixente en materia de incendios, que obriga a manter limpas estas faixas secundarias para protexer os núcleos poboacionais, infraestruturas e equipamentos.

Para informar á veciñanza sobre as acción que se levarán a cabo convocaranse tres reunións o vindeiro xoves, día 19, en distintas parroquias do concello. No local social de Setecoros será ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Valga ás 20:00 horas, e no Auditorio Municipal ás 21:00 horas. Os veciños poden acudir a calquera delas indistintamente para coñecer cal vai ser o procedemento que o Concello e Seaga porán en marcha para proceder á limpeza dos terreos incluídos dentro das faixas secundarias.

Estas faixas foron definidas no Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, un documento que foi aprobado polo Pleno no ano 2019 no marco dun convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural.

ReuniónSeaga2 ReuniónSeaga3

Volver