Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, que promove o talento dixital entre a xuventude, tivo lugar na Aula CeMIT

- Realizaron actividades de programación e traballos de modelado en tres dimensións

TechKids1

Valga, 12 de setembro de 2024.

A Aula CeMIT do Auditorio acolleu na tarde de onte o obradoiro de contido tecnolóxico Tech Kids, dirixido a mozos a partir de doce anos de idade. Durante a sesión, que tivo un marcado carácter práctico, os participantes realizaron traballos de deseño e modelado en 3D e construción e programación dun robot, co obxectivo de que aprenderan e experimentaran coa tecnoloxía e, deste xeito, espertar vocacións tecnocientíficas entre a mocidade.

Tech Kids é un programa organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática, e forma parte do Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, para o impulso da inclusión, capacitación e talento dixital, prestando especial atención ás novas xeracións e tamén á fenda de xénero, poñendo en valor o rol que xoga o talento feminino no sector TIC e promovendo o aumento da taxa de mulleres nos novos desenvolvementos dixitais.

A través de accións lúdico-formativas dirixidas, coma as que se desenvolveron durante este verán na Aula CeMIT, os mozos adquiren competencias dixitais ao tempo que desenvolven habilidades coma a creatividade ou o traballo en equipo.

TechKids2        TechKids3

Volver