Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Diríxense a veciños en situación ou risco de exclusión que carezan de ingresos suficientes para afrontar os custes

- Teñen preferencia as persoas con menores ao seu cargo

 

Valga, 6 de setembro de 2024.

O Concello de Valga ten aberto o prazo para solicitar axudas de emerxencia social dirixidas a persoas en situación de exclusión social ou en risco de estalo e que carezan de ingresos suficientes para facer fronte aos gastos polos que se solicita a axuda. Teñen preferencia aquelas persoas con menores ao seu cargo.

Os tipos de axudas que poden solicitarse son:

  • Alimentación: compra de alimentos e pagamento de servizos de restauración.
  • Uso de vivenda: pagamento de débedas de alugueiro e hipotecarias, acondicionamento de habitabilidade, mobiliario e enxoval da vivenda, estancias temporais nun centro residencial ou nun establecemento hoteleiro.
  • Pago de recibos: electricidade, leña ou equivalentes, gas, gasóleo ou auga.
  • Produtos de hixiene e limpeza.
  • Farmacia.
  • Electrodomésticos básicos: lavadora, quentador, cociña, frigorífico, deshumidificador...
  • Desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do concello.
  • Reparación e mantemento de vehículos.
  • Lentes e audífonos.
  • Tratamentos de odontoloxía non financiados polo Servizo Galego de Saúde.
  • Produtos de apoio: camas articuladas, guindastres, colchóns antiéscaras, cadeiras e barras de ducha ou baño, andadores...
  • Atencións de carácter complementario: destinadas a persoas con algunha discapacidade ou dependencia (fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional e/ou psicolóxica).
  • Roupa e calzado.

Estas axudas son convocadas pola Deputación en colaboración co Concello de Valga e poden solicitarse no departamento municipal de Servizos Sociais.

 

Volver