Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Francisco Santiago Figueira, José Manuel Rodríguez Cerneira e Jorge Rodríguez Blanco acadaron os primeiros postos nas tres modalidades

- O certame, no que participaron 33 augardentes artesanais, celebrouse entre o xoves e o venres

GañadoresCaña24

Valga, 3 de setembro de 2024.

O Concurso da Caña do País coñeceu o pasado sábado, no transcurso da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, aos seus gañadores. Produtores das parroquias de Xanza e Campaña repartíronse os premios ás mellores augardentes branca, de herbas e tostada tralas catas celebradas entre o xoves e o venres.

Foron trinta e tres os licores que se presentaron ao certame, dos que dezaoito pasaron á cata final: oito na modalidade branca, cinco na de herbas e outras cinco tostadas. Exerceron como catadores Juan Carlos García Busto, Ricardo Abuín Mariño, Mª Luisa Vázquez Tubío e Francisco García Carballeira.

A mellor caña branca, gratificada con 500 euros, foi producida por Francisco Manuel Santiago Figueira, de Senín. En segundo lugar clasificouse Pablo Quintáns Buceta, de Baño.

Na modalidade de herbas o primeiro premio (300 euros) foi para José Manuel Rodríguez Cerneira, de Coto, e o segundo lugar ocupouno Josefina Santiago Figueira, de Senín.

Por último, os produtores galardoados foron Jorge Rodríguez Blanco (ao que corresponden 300 euros do primeiro premio) e José Manuel Rodríguez Cerneira, ambos do lugar de Coto.

GañadoresCaña24 2 GañadoresCaña24 3

Volver