Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os dezaseis participantes no proxecto rematarán a súa formación en albanelería e forestais no mes de novembro

- Dous aprendices da especialidade de forestais xa conseguiron insertarse no mercado de traballo

InserciónXuvenil1

Valga, 2 de setembro de 2024.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II, proxecto promovido polos concellos de Valga e Moraña, afronta a súa reta final e, para completar o programa formativo, o alumnado asistiu a varias sesións sobre inserción laboral e técnicas de búsqueda de emprego, co obxectivo de abrirse camiño no mercado laboral unha vez que remate obradoiro, no que participan dezaseis mozos de ata 30 anos nas especialidades de albanelería e forestais.

Esta formación complementaria tivo unha duración de quince horas. O seu obxectivo foi dar a coñecer aos participantes a situación actual do mercado de traballo, as competencias profesionais e laborais que facilitan o acceso ao mesmo, as características do persoal máis demandado polas empresas e os recursos dos que dispoñen para atopar un emprego, xa sexa por conta allea ou propia.

Tamén coñeceron os diferentes canais que existen para a busca de emprego e explicóuselles como afrontar unha entrevista de traballo ou probas de selección.

No transcurso do propio obradoiro dous aprendices do módulo de forestais xa conseguiron o obxectivo de insertarse e atoparon un traballo, destaca a directora, Mª Carmen Vidal.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II Moraña – Valga é cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.

InserciónXuvenil2

 

Volver