Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Cafetería Auditorio e Bar Maneiro obtiveron os mandís de Prata e Bronce
- Entre os participantes na elección dos mellores petiscos sorteáronse dez vales de compra

GanadoresTapas24

Valga, 1 de setembro de 2024.

O Café-Bar O Pontellón gañou a XI Ruta-Concurso “Tapa a anguía” e fíxoo por partida dobre, xa que acadou o premio do xurado profesional e tamén o “Mandil de Ouro” outorgado polo público. “Do río ao prato, pasando pola leira” foi o nome do petisco que elaborou e ofreceu aos seus clientes durante as últimas dúas fins de semana: unha crema de grelos con anguía rebozada en panko sobre pan negro con toque picante. Esta tapa aínda poderá degustarse unha vez máis e será na Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de 2025.

Por votación popular entregáronse outros dous premios: os mandís de Prata e Bronce. O segundo clasificado foi “Muiñeira de anguía” da Cafetería Auditorio, que consistía nunha fabada con anguía e ameixas. O terceiro posto recaeu no Bar Maneiro cunha empanada de anguía con mexillóns no seu segredo e pementos.

Ademais dos tres gañadores, tamén participaron nesta actividade gastronómica Pastelería Caprichos, Bar Potel, Palmera Beach Valga e Café-Bar Couceiro.

A ruta de tapas tamén repartiu premios entre os veciños e visitantes que acudiron aos establecementos de hostalería para degustar os diferentes petiscos. Sorteáronse dez vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local, e os gañadores foron:

  • Maika Iglesias González
  • Sandra Lagos Fernández
  • Sonia Devesa Busto
  • Griselda Fabiana Arrietta Vera
  • Ángeles Figueiras
  • Isaura Abril Magariños
  • Ruth Rodríguez Ros
  • David Esperón Castro
  • Mª Jesús Ferreirós Rey
  • Alfonso Del Oro Rozo

O sorteo efectouse durante a precata do Concurso da Caña do País e os catadores exerceron de mans inocentes.

        1 Pontellón        2 Auditorio

3 Maneiro

GanadoresVales24

Volver