Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O mestre composteiro Yoel Castro explicoulles que tipo de residuos poden levar ao Punto Limpo e faloulles sobre o programa de reutilización “Fai que Valga”

- Trala visita, os rapaces desprazáronse á Mina Mercedes onde gozaron de tempo de lecer

EV VisitaPuntoLimpo 1

Valga, 30 de abril de 2024.

Os cativos da quenda de agosto da Escola de Verán concluíron hoxe as actividades e fixérono cunha saída dobre ao Punto Limpo, para coñecer o seu funcionamento, e á Mina Mercedes onde celebraron unha pequena festa de despedida.

A antiga mina de extracción de arxila foi o punto de partida do grupo, que se trasladou camiñando ata as instalacións do Punto Limpo. Alí recibiunos o responsable do servizo, Yoel Castro, que lles explicou cales son os diferentes tipos de residuos que poden depositarse no recinto e o proceso que seguen dende que os veciños os levan para garantir unha correcta separación, depositándoos nos colectores destinados a cada tipoloxía.

Esta visita formativa tivo con obxectivo concienciar aos máis pequenos da importancia de reciclar sempre que sexa posible e tamén de reutilizar. Neste sentido, Yoel Castro faloulles do programa que o Concello de Valga puxo en marcha nos últimos meses precisamente para fomentar a reutilización de obxectos que aínda poden ter unha segunda vida.

Estes obxectos, que chegan entre o lixo, ou que son doados polos veciños, ofrécense de xeito gratuíto a aquelas persoas que os precisen e que acudan a recollelos ao Punto Limpo.

Tralo paso por estas instalacións municipais, os nenos dirixíronse de novo á Mina Mercedes onde participaron en xogos e outras actividades como clausura da Escola de Verán.

EV VisitaPuntoLimpo 2 EV Xogos 1

Volver