Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Marcela, María José, Mónica, Paula, Arale e Yolanda foron as integrantes do equipo vencedor

- Tres grupos participaron no certame, que constou de varias probas eliminatorias antes da gran final

AnguiaChef24 1

Valga, 23 de agosto de 2024.

As mellores cociñeiras de anguía de Valga xa teñen nome. Son Marcela, María José, Mónica, Paula, Arale e Yolanda, que onte se proclamaron gañadoras do concurso Anguía Chef co prato “Maki Otero”, un rolo de arroz envolto en alga nori e con dous recheos diferentes: anguía en dúas preparacións –afumada e frita– e combinada con aguacate e verduras como zanahoria e berenxena. A receita incluíu tamén millo triturado para dar un toque crocante.

Elixir o gañador, tarefa que correspondeu aos cociñeiros Álex Iglesias e Fran Jamardo, non foi doada, xa que o segundo equipo finalista –integrado por Vega, Sara, Aroa, Jenniffer, Sandra e Bea– tampouco o fixo nada mal. A súa preparación, chamada “AnguiMakis”, eran tamén unha versión deste bocado de sushi que incorporaba, ademais da aínda como produto indispensable, ingredientes coma calabacín ,allo negro, cebola crocante ou salsa Perrins.

En total foron tres os equipos que participaron nesta edición do concurso de cociña, que incluíu diferentes probas tanto relacionadas coa gastronomía coma coa cultura local. Tiveron que demostrar a súa pericia desespiñando anguía e responder a preguntas sobre persoeiros de Valga e o patrimonio relixioso e arqueolóxico do concello. Por último, participaron nunha cata a cegas na que tiñan que identificar, só polo sabor, diferentes produtos entre os que había queixo de distintas variedades, froitos secos, peixes e prebes.

Despois destas probas un dos equipos quedou eliminado e os seus integrantes repartíronse entre os outros dous grupos para que todos tiveran ocasión de demostrar as súas dotes na gran final.

Os premios aos gañadores entregaranse o vindeiro sábado, 31 de agosto, durante os actos da XXXIV Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

AnguiaChef24 2 AnguiaChef24 3

 

Volver