Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, promovida pola Amtega e o Colexio de Enxeñeiros, trata de fomentar as vocacións tecnocientíficas entre a mocidade

- Os participantes construíron e decoraron os seus dispositivos e programáronos para que seguiran as liñas dun circuíto

Robótica24 1

Valga, 22 de agosto de 2024.

Un grupo de rapaces, de entre 8 e 15 anos, participaron nos últimos días na Aula CeMIT nun obradoiro de experimentación tecnolóxica do programa Girl Steam, co que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática queren fomentar as vocacións tecnocienfíticas entre a mocidade.

Coa axuda de André Adrio, formador da Amtega, os participantes aprenderon nocións básicas sobre o funcionamento das placas micro bit e a súa programación e botaron man da creatividade para desenvolver os seus propios proxectos de robótica.

Construíron peza a peza os robots, decoráronos e escribiron o código de programación que lles dá as ordes sobre as accións a realizar, neste caso seguir as liñas dun circuíto.

Con programas coma este, a rede CeMIT trata de impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen aos máis novos ás novas tendencias tecnolóxicas dende idades temperás, para espertar o seu interese por profesións do ámbito das TIC.  

Robótica24 2 Robótica24 3

Volver