Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Tamén están a reparar un tramo de varanda que resultara danada debido a un accidente de tráfico

- O programa formativo e de mellora da inserción laboral, subvencionado pola Xunta, conta cun total de vinte participantes

PérgolaMM1

Valga, 20 de agosto de 2024.

Os integrantes do módulo de carpintería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VII, baixo as directrices do experto docente a José Oliveira, instalaron nas últimas xornadas unha gran pérgola de madeira na Mina Mercedes, na zona do parque infantil.

Esta estrutura, de madeira de abeto tratada, está asentada sobre soportes de ferro e ten unha altura de 2’6 metros. Ten forma de “L” e as súas dimensións son de 10 metros de longo por un lado e 7 polo outro. O ancho é de 3 metros. O obxectivo da súa colocación é dotar á esta área de xogos dunha zona con sombra, para o que se plantarán especies trepadoras que cubran a estrutura. Ademais, instalaranse debaixo mesas con bancos.

As actuacións do Obradoiro de Emprego na Mina Mercedes incluirán, ademais, a instalación doutro mobiliario. Xunto o merendoiro e o pantalán situados fronte á fábrica de Urovesa colocarase unha randeeira, para a que xa están preparadas as zapatas. E na marxe contraria, nas inmediacións da empresa Lema, ubicarase un banco elevado a modo de miradoiro cara a lagoa.

Traballos de reposición

Os aprendices de carpintería están a compaxinar estas actuacións de dotación de mobiliario coa reparación dun tramo de varanda que resultou danado a consecuencia dun accidente de tráfico. Estes balaústres xa foran colocados no seu día polos alumnos dun Obradoiro de Emprego.

O proxecto Ulla-Umia, promovido polos concellos de Valga e Moraña, conta cunha aportación da Xunta de Galicia de 530.000 euros. Nel fórmanse, nas especialidades de forestais e carpintería, un total de vinte persoas.

PérgolaMM2 PérgolaMM3

PérgolaMM4 PérgolaMM5

Volver