Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos consisten na pavimentación dunha beirrarúa arredor do edificio e a construcción dun patín

- Os contidos do inmoble centraranse no proceso de elaboración da augardente do país

casacaña1

Valga, 10 de maio de 2018.

O Concello está a executar unha nova fase de obras no Centro de Interpretación da Caña do País, traballos que se desenvolven, en concreto, nos exteriores do edificio.

Os operarios colocaron unhas reixas nos ocos das tellas da cuberta para evitar que aniñen os paxaros e agora están a pavimentar con pedra unha beirarrúa que bordea o inmoble. A continuación dotarán ás escaleiras exteriores de balaustrada e construirán un patín. Estos traballos son financiados con fondos do Concello.

A primeira fase deste proxecto, que se executou a finais do pasado ano, consistiu na reconstrución dunha antiga edificación de pedra emprazada no entorno do Parque Irmáns Dios Mosquera, que foi adquirida polo Concello e se atopaba en estado ruinoso. Turismo de Galicia aportou daquela 104.623 euros.

En vindeiras actuacións proxectaranse o acondicionamento do interior do edificio e máis a dotación de contido, cuestións nas que xa está a traballar o goberno local. O Centro de Interpretación da Caña do País incluirá distinto material multimedia relacionado co proceso de elaboración da augardente e tamén algúns dos utensilios e ferramentas que se empregan para destilar a caña, como alambiques. Para sacar o máximo partido ás instalacións, engadiranse outros elementos expositivos que están a ser estudados.

casacaña2

Volver