Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na quenda do mes de agosto están inscritos unha trintena de nenos a partir de 3 anos de idade

- Nesta primeira semana realizaron xogos de presentación e traballaron a temática das tradicións

EV24 ParqueIDM 1

Valga, 9 de agosto de 2024.

Os cativos participantes na Escola de Verán, que o Concello desenvolve durante o verán para favorecer a conciliación das familias valguesas, gozaron hoxe dunha mañá de xogos e diversión no Parque Irmáns Dios Mosquera.

Os nenos e as súas monitoras desprazáronse a pé dende o colexio de Baño ata Pontevalga, favorecendo así a práctica de actividade física, e unha vez no parque realizaron diversos xogos e actividades de lecer ao aire libre aproveitando a mañá solleira. Tamén aproveitaron a área de recreo para merendar, antes de emprender de novo o regreso cara o recinto escolar.

Co cambio de mes entrou unha nova quenda na Escola de Verán. Neste mes de agosto están matriculados 28 rapaces a partir de 3 anos de idade. Nas primeiras xornadas realizaron actividades para coñecerse mellor e coller confianza, con xogos de presentación como a “Telaraña”, probas cooperativas e un mural.

Tamén houbo tempo para xogos dinámicos como a bomba ou o pilla cadea e realizaron un obradoiro de ioga e relaxación a través do conto de “Alicia no país das Marabillas”.

Unha das temáticas sobre as que está a xirar a Escola de Verán son as tradicións, tanto de Galicia coma doutros lugares do mundo. Os nenos coñeceron a lenda das mouras, a través dunha busca con diferentes pistas e fotografías. Ademais, puxeron a proba a súa creatividade cun taller de cerámica no que elaboraron os seus propios colares tomando como referencia as tradicións de Oceanía.

EV24 ParqueIDM 2         EVAgosto1

Volver