- Para optar a unha praza é necesario estar anotado no Servizo Público de Emprego e no Sistema de Garantía Xuvenil
- Os participantes mellorarán a súa empregabilidade recibindo formación teórica e práctica que lles permitirá contar cunha cualificación profesional
Valga, 6 de agosto de 2024.
O Concello de Valga, conxuntamente con Moraña e Portas, vai poñer en marcha un novo obradoiro de emprego dirixido a persoas desempregadas de entre 18 e 30 anos de idade, que poderán formarse nas especialidades de forestais e albanelería.
As persoas que queiran optar a unha praza deben inscribirse no Sistema de Garantía Xuvenil e no Servizo Público de Emprego nos seguintes módulos:
- Forestal: AGAR0208 / AGAR0309
- Albanelería: EOCB0108 / EOCB0208 / EOCB0209
O obxectivo do programa é mellorar a empregabilidade dos participantes mediante a impartición de formación profesional en cada unha das especialidades elixidas. Esta parte teórica complementarase con prácticas profesionais consistentes na realización de obras de interese e utilidade pública. Deste xeito, os aprendices pasarán a contar cunha cualificación profesional que favorecerá a súa inserción no mercado laboral.