- Os equipos deben estar formados por catro persoas, podendo participar tanto nenos coma adultos
- As eliminatorias terán lugar o día 22 e a gran final o 23 de agosto no Parque Irmáns Dios Mosquera
Valga, 5 de agosto de 2024.
Un ano máis, buscamos aos mellores cociñeiros de anguía do noso concello a través do concurso “Anguía Chef”, que ten aberto o prazo de inscrición para os equipos participantes.
Os grupos deben estar compostos por catro persoas de calquera idade, tanto nenos como adultos. Enfrontaranse, primeiro, en probas eliminatorias nas que loitarán por clasificarse para a gran final, na que terán que cociñar un prato con anguía. Os autores da mellor receita serán proclamados coma os mellores preparando o exquisito peixe do Ulla.
As follas de inscrición poden descargarse da páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou recollerse en papel nas oficinas do Concello. Deben entregarse no rexistro debidamente cubertas ata o día 19 de agosto.
O concurso desenvolverase no Parque Irmáns Dios Mosquera entre o xoves 22 e o venres 23 de agosto a partir das 20 horas. Na primeira xornada terán lugar as eliminatorias e día 23 a proba final na que se coñecerán os gañadores.