Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As propostas culinarias, acompañadas dunha foto do prato, teñen que enviarse por correo electrónico ata o día 27 de agosto

- As imaxes deben publicarse nas redes sociais Instagram ou Facebook e enviarse tamén por e-mail

LogoAnguía24

Valga, 1 de agosto de 2024.

Dá comezo agosto e, con el, póñense en marcha novas actividades relacionadas coa gastronomía e coa anguía e a caña do país, as auténticas protagonistas deste mes en Valga. Trátase dos concursos de fotografía e receitas, que teñen aberto o prazo de participación dende hoxe e ata o día 27.

O certame de receitas ten como obxectivo dar a coñecer a ampla variedade de posibilidades culinarias que ofrecen o peixe do Ulla e a augardente de Valga. Os participantes deben presentar unha receita de cociña na que o ingrediente principal sexa a anguía ou a augardente e enviala ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. acompañada dunha fotografía de calidade do prato finalizado.

A receita debe ir explicada especificando a seguinte información:

  • Modalidade (tapa, prato principal ou sobremesa)
  • Nome ou título da receita
  • Número de racións
  • Ingredientes, detallando as cantidades a empregar
  • Pasos a seguir para a elaboración do prato

Os pratos presentados serán valorados por un xurado formado por cociñeiros, representantes municipais e persoas vencelladas a Valga, que atenderán a criterios de creatividade e calidade técnica para elixir a receita gañadora.

No que respecta ao concurso de fotografía, trátase de promocionar tanto a anguía como a caña, pero tamén o Camiño de Santiago ao seu paso por Valga. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras, sendo estas orixinais e inéditas e que non se presentaran con anterioridade a outros concursos ou foran publicadas en webs ou medios dixitais ou impresos.

As imaxes deben publicarse en Instagram ou Facebook, etiquetar a @concellodevalga e empregar as etiquetas #anguia_valga, #caña­_valga ou #camiño_valga, dependendo da temática da foto. Ademais, teñen que enviarse tamén por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Os gañadores dos dous concursos recibirán como premio un lote de produtos galegos. Daranse a coñecer o día 31 de agosto nos actos da XXXIV Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

ConcursoFotografico2024

 

ConcursoReceitas24

Volver