- A actuación financiarase con fondos do Plan Marco, para a conservación de infraestruturas no rural
- O prazo de presentación de ofertas para optar á adxudicación está aberto ata o 8 de agosto
Valga, 30 de xullo de 2024.
O Concello vén de licitar o proxecto de mellora mellora dun camiño municipal no lugar de Carracido (Cordeiro) para reverter o seu estado de deterioro. Investiranse un total de 58.774’53 euros, coa colaboración económica da Consellería do Medio Rural a través do Plan Marco.
As actuacións que recolle o proxecto son a limpeza e barrido do terreo, o fresado do actual firme e a aplicación dunha nova capa de aglomerado en quente.Tamén está prevista a colocación de canalizacións do servizo de abastecemento de augas e sumidoiros para a recollida de pluviais.
Con esta actuación trátase de mellorar as condicións de vida dos residentes na zona dotándoos dunha estrada pola que poidan circular en condicións de seguridade. Darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante actuacións de mellora e mantemento das infraestruturas viarias é, precisamente, o obxectivo que persegue o Plan Marco.
As ofertas para optar á adxudicación desta obra poden presentarse ata o día 8 de agosto.