Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A deputada de Infraestruturas e o alcalde mantiveron un encontro para “desatascar” un proxecto adiado desde 2018

- Persoal técnico da Deputación traballa na incorporación de varias demandas municipais

ReuniónDepo

Valga, 29 de xullo de 2024.
A Deputación de Pontevedra e o Concello de Valga avanzan na reactivación do proxecto da mellora da seguridade e a mobilidade peonil na estrada provincial EP-8502 (Valga-Baño). O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez reuníronse esta mañá coa deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, para abordar un proxecto prioritario para Valga pero que levaba gardado nun caixón desde o ano 2018.

A deputada provincial lembrou que se trata dun proxecto de transformación e humanización dun tramo desta estrada, que vai desde Pontevalga cara á zona onde están localizados os centros educativos. O persoal técnico da Deputación está a traballar man a man co Concello de Valga no proxecto existente co fin de incorporar varias observacións e demandas que repercutirán na mellora da vida dos veciños.

Este encontro produciuse despois de que, no mes de febreiro, a deputada visitara Valga para comprobar a situación do conxunto de estradas provinciais que transcorren polo concello. Nesta visita, Isabel Couselo puido coñecer as prioridades do goberno local en canto ás infraestruturas públicas de titularidade provincial, entre as que se atopaba o proxecto da EP-8502 e ao que o goberno da Deputación está a dar unha resposta inmediata.

Volver