Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Colocación de novo pavimento e mobiliario e renovación de canalizacións e servizos foron algunhas das obras executadas

- A zona ten agora prioridade peonil e o paso de vehículos só está permitido para residentes

InauguraciónSouto1

Valga, 26 de xullo de 2024.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e o presidente da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, foron os encargados de inaugurar a remodelada Praza do Souto nun acto que tivo lugar esta tarde e no que tamén participaron o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e os concelleiros Carmen Gómez, Malena Isorna e Pedro Calvo.

Este espazo, situado en Pontevalga e anexo a Praza Manuel Vicente Cousiño e ao Edificio de Usos Administrativos, foi humanizado cun investimento de 240.329’97 euros, que foron aportados ao 100% pola Axencia Turismo de Galicia a través dun convenio de colaboración asinado co Concello.

Esta actuación tiña como obxectivo revalorizar esta praza e convertela nun lugar seguro e funcional, favorecendo o seu uso por parte dos veciños e reforzando a súa conexión cos equipamentos máis próximos. Para iso, nos últimos meses executáronse traballos de demolición do anterior pavimento asfáltico, substituíndoo por un novo solo que combina dous tipos de empedrado: lastras de pequeno tamaño e lousas de granito.

Actualizáronse tamén as instalacións de saneamento, abastecemento e recollida de augas pluviais e soterráronse líñas aéreas de servizos. Colocáronse once puntos de luz, bancos de pedra e varias xardineiras, tanto de pedra como de madeira.

A zona, tal e como indica a nova sinalización instalada á entrada da praza, conta agora con prioridade peonil e o paso de vehículos só está permitido para residentes.

O alcalde sinalou que “hoxe é un día importante para Valga porque vemos rematado un proxecto no que levamos anos traballando e que se iniciou co acondicionamento da Praza Vicente Cousiño, seguiu coa rehabilitación do Edificio de Usos Administrativos e culmínase agora coa humanización da Praza do Souto”. Bello Maneiro agradeceu a aportación económica de Turismo de Galicia, tanto para esta obra coma para outras actuacións que contribúen a seguir mellorando Valga.

Xosé Manuel Merelles, pola súa parte, indicou que “sentímonos orgullosos desta obra porque se gaña un espazo para a veciñanza” e amosou a súa ledicia por comprobar “como os valgueses gozan destas dúas prazas unidas”.

A inauguración contou coa actuación conxunta da Jove Orquestra de Mislata (Valencia) e da Orquestra Clásica Galega de Valga, dirixidas por Manuel Villar e Javier Fernández e que interpretaron, entre outras pezas, o himno de Valga e o de Galicia.

InauguraciónSouto2 InauguraciónSouto3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver