- O xoves celebraron a Festa da Auga con batalla de globos
- Esta mañá realizaron xogos populares no Parque Irmáns Dios Mosquera
Valga, 19 de xullo de 2024.
As últimas xornadas, nas que se deixou ver o sol, foron aproveitadas polos participantes da Escola de Verán para realizar actividades de lecer e deportivas ao aire libre.
O xoves, no patio do colexio Baño-Xanza celebrouse unha Festa da Auga na que os rapaces, de entre 3 e 12 anos de idade, o pasaron en grande refrescándose con batallas de globos, disparando pistola de auga ou con mangueiras.
Esta mañá, as actividades de conciliación trasladáronse ata o Parque Irmáns Dios Mosquera. Logo de percorrer a pé o traxecto dende o CEIP de Baño e repoñer forzas cunha merenda, os nenos e mozos participaron en xogos tradicionais e populares coma o pano, a mariola ou o brilé, entre outros.
As tradicións é a temática elixida este ano como fío condutor da Escola de Verán, polo que moitas das iniciativas formativas e lúdicas que se desenvolven están relacionadas con ela.