Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O servizo préstase de 9:00 a 14:00 horas no Edificio de Usos Administrativos

- Actos de conciliación, notificacións e rexistro civil son as súas funcións principais

SecretariaXulgado1

Valga, 18 de xullo de 2024.

O Xulgado de Paz conta dende hoxe con nova xestora-secretaria, Ana Barreiro Rial, que pasa a ocupar a praza de forma provisional despois de que quedara vacante pola xubilación do anterior secretario, Juan Carlos Pérez Iglesias, que levaba doce anos e medio no posto, dende novembro de 2011.

A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e o concelleiro Pedro Calvo acudiron esta mañá a dar a benvida á nova secretaria, que conta con experiencia en xulgados de Primeira Instancia de Barcelona e Madrid, e no de Primeira Instancia e Instrución de Cambados, onde ten a súa praza.

O xulgado presta atención ao público en horario de 9:00 a 14:00 no edificio administrativo, situado na Praza Manuel Vicente Cousiño. As súas funcións inclúen dende a celebración de actos de conciliación entre veciños que teñen algún tipo de conflito ata o oficio de matrimonios civís. Tamén recibe exhortos civís e penais, principalmente do Xulgado de Caldas, para realizar notificacións, emprazamentos ou requerimentos. E a isto engádese o Rexistro Civil (nacementos, defuncións, etc.).

Ademais, da secretaria, os luns tamén acude ao Xulgado a xuíza Araceli González, ou na súa ausencia a súa suplente, Mª Cruz Eiras. Ambas tomaron posesión o pasado mes de maio por un período de catro anos despois de ser designadas polo Pleno da Corporación.

SecretariaXulgado2

Volver