- O contacontos “Tinta do mar” desenvolveuse en colaboración coa Deputación de Pontevedra
- Ademais do relato, a sesión tamén incluíu música e a realización de caricaturas
Valga, 17 de xullo de 2024.
A literatura e, en concreto, a figura da escritora Luísa Villalta, foi a protagonista esta mañá na Escola de Verán, cunha proposta realizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra: “Tinta do mar: pequena biofgrafía de Luísa Villalta”, un contacontos para divulgar a traxectoria da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano.
O grupo “Polo correo do vento” foi o encargado de desenvolver a actividade na que, a narración da historia de Luísa Villalta se acompañou doutras disciplinas artísticas coma a música e o debuxo. Así, durante o relato interpretáronse distintas pezas musicais e un debuxante realizou unha caricatura da autora coruñesa.
Antes de rematar a sesión, os rapaces aprenderon a técnica para realizar as súas propias caricaturas dun dos personaxes do conto.