Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Teñen como obxectivo reforzar as capacidades da mocidade en ámbitos coma a ciencia, a enxeñaría ou as matemáticas

- Os asistentes aprenderán o funcionamento das placas micro bit e realizarán un proxecto de robótica

SteamWeb

Valga, 15 de xullo de 2024.

A Aula CeMIT de Valga, que se atopa no Auditorio Municipal, volverá a acoller este verán obradoiros tecnolóxicos dirixidos a nenos e mozos de entre 8 e 15 anos e organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática.

Serán dúas as sesións prácticas de experimentación tecnolóxica as que se impartan en Valga, no marco do programa Girl Steam, que ten como obxectivo espertar vocacións tecnocienfíticas entre a mocidade, especialmente entre as rapazas, co obxectivo de reducir a fenda de xénero que aínda persiste en ámbitos coma a ciencia, a enxeñaría ou as matemáticas.

Os talleres terán lugar durante os días 21 e 22 de agosto e son gratuítos e a inscrición pode realizarse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao teléfono do Auditorio (986 55 67 69).

En horario de 9:30 a 11:30 poderán participar rapaces de entre 8 e 11 anos e o obradoiro para mozos de 12 a 15 anos desenvolverase a partir das doce do mediodía. Os participantes achegaranse ao funcionamento das placas micro bit, aprenderán a identificar as súas principais funcións e a programalas con diferentes comandos. Tamén traballarán en grupo na construción e programación dun proxecto co kit de robótica co que conta a Aula CeMIT e, para rematar, elaborarán un proxecto libre sobre estruturas realizadas con materiais reciclables como botellas, tarxetas, madeira ou tecidos.

Con esta iniciativa búscase impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen aos máis novos, especialmente ás rapazas, ás novas tendencias tecnolóxicas dende idades temperás, para espertar o seu interese por profesión do ámbito das TIC. 

Volver