Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

• Pontevalga púxolle as cousas difíciles, xa que tamén acadou tres ouros

• Os equipos de Avenida da Coruña e da Devesa tamén entraron no medalleiro e Cerneira e Vilarello levron o premio á deportividade

Olimpiadas24 1

Valga, 14 de xullo de 2024.
O equipo de Senín é o campión absoluto das Olimpíadas da Aldea 2024.

Nas seis competicións que se desenvolveron durante a tarde de onte na praia fluvial de Vilarello acadou tres medallas de ouro (carreiras de sacos e carretillas e turrasoga) e unha de prata no Mundialito de fútbol. O equipo de Pontevalga púxolle as cousas difíciles posto que acadou outras tres medallas douradas no brilé, fútbol e na xincana final. Tamén entraron no medalleiro os grupos da Avenida da Coruña e A Devesa.

En total repartíronse 1.800 euros premios. Os gañadores de cada disciplina recibiron 200 euros e os segundos clasificados, 100.

Este foi o palmarés final das Olimpíadas:

BRILÉ:
1º: Pontevalga
2º: Avenida da Coruña

MUNDIALITO DE FÚTBOL:
1º: Pontevalga
2º: Senín

CARREIRAS DE SACOS:
1º: Senín
2º: Avenida da Coruña

TURRASOGA:
1º: Senín
2º: Avenida da Coruña

CARREIRA DE CARRETILLAS:
1º: Senín
2º: Devesa

XINCANA:
1º: Pontevalga
2º: Devesa

CAMPIÓN ABSOLUTO: Senìn

PREMIO Á DEPORTIVIDADE: Cerneira e Vilarello

Olimpiadas24 2 Olimpiadas24 3

Olimpiadas24 4

Volver